sábado, 11 de septiembre de 2010

Benvidos ao cole!

Ola!
Xa estamos de volta para comezar un ano máis este camiño polo que andaremos moi apresa, moi a modo, correndo, saltando, disfrutando, as veces con moito esforzo, as veces máis de vagar.
Qué novas nos agardarán?
Estamos cheos de ilusión e espectativas e estas novas páxinas de libretas sen estrear, serán parte do libro da nosa vida, o libro máis lindo, máis importante no que con moita ilusión iremos trazando as nosas experiencias e as ganas de coñecer máis cousas e ser mellores.
Benvidos ao cole!
Celina