
Queridos nenos e nenas, pais e nais, acabou este curso tan importante para todos. Queda todo un verán para pasalo moi ben. Agardo que en setembro veñades coa mochila chea de experiencias e aventuras. Encherémola máis con todo o que xuntos fagamos o curso que ven. Grazas por ser como sodes e por ter pasado con vós momentos tan especiais. Grazas tamén as vosas familias pola colaboración, a confianza, o trato e todos os detalles destes últimos días.
Deséxovos moita felicidade e alegría para este monton de días cheos de Sol e aire libre.
Celina