miércoles, 3 de febrero de 2010

OS MANDADOS DO MECO


A semana que ven comeza o Entroido e xa nos chegou a súa carta, na que manda ben:

Un pano atado á cabeza
o luns ti traerás,
elixe a cor que ti queiras
e ben atadiño o atarás.

Para o martes, busca ben,
que pulseiras has de ter.
Todas as que ti atopes
no brazo esquerdo quedan ben.

O mércores si pode ser,
un chaleco, un colar e un anel.
¿Vas vendo este Meco
en que te quere converter?

O xoves, as túas botas
poñerás... Vai ti saber!
Unha por dentro, outra por fora...
do pantalón!, de que vai ser?

E para o venres, sí Señor,
trae todo o anterior:
pano atado a cabeza,
na esquerda, pulseiras cen,
o anel, o colar e o chaleco,
as botas do revés,
e o ollo queiras,
tápoa, tápao ben
con maquillaxe negra ou con un parche,
vai ti saber!

No hay comentarios: