martes, 5 de enero de 2010

Carta aos Reis Magos


Queridísimos Reis Magos de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar:
Como sodes máxicos seguro que xa sabedes o ben que nos portamos e as boas notas que levamos. Por eso, con toda a nosa ilusión, puxemos os zapatiños ben limpos no balcón, para saibades que estamos aquí agardándovos nesta noite tan especial, tan especial como é o que vos quemos pedir dende este noso LAPIS FALDOR.
Necesitamos un mundo en Paz e máis xusto, para poder medrar con esperanza no futuro, necesitamos que se abra a conciencia dos poderosos fronte a dor dos millóns de persoas que morren de fame, necesitamos que eles se decaten de que queremos un planeta igual de bonito que o que eles recibiron dos seus antepasados, para que todos os seres que nel habitamos vivamos en harmonía.
Queridos Reis, con toda a inocencia dos nosos corazóns de nenos e nenas, pedímosvos que, con axuda da vosa estrela, iluminedes as mentes dos que nos gobernan e enchades de amor os corazóns da humanidade. Bendecide ás nosas familias que os vosos sacos marchen de volta con todo o malo e nos deixedes todo o ben que traedes nas mans.
Vos queremos moitísimo.
O Lápis Falador

No hay comentarios: