viernes, 8 de enero de 2010

Xa se vai acabando a boa vida, o luns haberá que madrugar... GRRR!
A pesar diso, confésovos que xa teño ganas de volver a veros, que vos boto de menos, vaia, e supoño que a vós pasaravos algo parecido.
Pois ala! que nos temos que contar moitas cousas, ler moitos contos e aprender moito: As tablas de multiplicar están impacientes por oír como as sabedes.

Que vos trouxeron os Reis Magos?
Podedes traer algún xogo ou xoguete o luns, para compartilo cos vosos/as amigos/as. Así pasaremos un primeiro día de cole máis levadeiro Que vós parece?

Vémonos.
Unha aperta colectiva.
A Profe

Ilustración: Marie Desbons

No hay comentarios: