sábado, 30 de octubre de 2010

FELIZ SAMAÍN



(clic)

Como sabedes o Samaín é unha festa celta na que se celebra o fin do ano, o fin do ciclo das estacións. O ciclo da vida na natureza pasa por diferentes momentos: O da sementeira, o do nacemento das plantas e da vida, o da colleita... Agora a Natureza recóllese e durme. Por iso tamén se celebra o día de defuntos.
Pasádeo moi ben, divertiros co medo, comede moitos caramelos e non vos asustedes moito.
Se queredes xogar un pouco clicade na foto e xogaredes a saber algo máis sobre o Samaín.


Roda das festividades celtas