viernes, 15 de abril de 2011

VISITA AOS BOMBEIROS

Onte fomos de excursión ao parque dos bombeiros. Que ben o pasamos!.Cando chegamos un dos bombeiros chamado Antonio, ensinounos toda a roupa que os bombeiros utilizan para ir aos incendios. Tamén probamos o casco, que risa, pareciamos todos uns alienixenas!
Logo fomos ver unha pelicula de dous nenos que se atopaban na casa sos, e virón unha pequena fumeira, chamaron ao 080 e viñeron a rescatalos.
Vimos as cociñas e o comedor onde os bombeiros fan a súa comida, a centralita onde os avisan das emerxencias e, por último, fomos ver o camión coa escaleira, que pasada! Media 40 metros. A nós non nos deixaron subir por ser pequenos, pero ás profes si, subiron con Antonio, uf iban altísimas! Nós dende abaixo quedamos abraiados. Ao baixar as profes os bombeiros despedíronse de nós.

Foi un día marabilloso.