Remataron as clases, e co verán e as vacacións chegan as despedidas. Pero comezan os días de lecer e tempo libre, días longos e luminosos para vivilos a tope e medrar con cada experiencia e aventura. Quedan atrás os madrugóns, os deberes, os xogos no patio da escola, os timbres e os horarios, as regañinas da profe...
Acaba un ciclo de aprendizaxe e vivencias. O tempo que as veces é coma un río, xa non volverá a pasar polos mesmos lugares, quédanlle moitas orelas que visitar, novos paisaxes que ver, novas dificultades e novos éxitos de superación. O voso tempo aínda é un tempo moi novo, o voso río aínda comeza a corretear.
Estou feliz porque gardo tesouros que vos me entregastes. Estou satisfeita porque sei que a miña axuda vos axudou a medrar. Pero tamén estou un pouco triste por perderos. Sodes un grupo ben lindo, un grupo con corazón colectivo. Seguide sendo así.
Que saibades que sempre estarei para vós se me necesitades. Grazas por todo o que compartimos xuntos nestes dous anos.
Disfrutade e aprendede moito, sobre todo a ser moi felices e non perdades nunca todo ese amor que levades nos vosos pequenos corazóns.
Grazas as vosas familias pola confianza, a amabilidade, a comprensión e por todos os detalles que delas recibín.
Noraboa polas notas e...
FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!
Celina