Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 3º Trimestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 3º Trimestre. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2009

EXCURSIÓN A LODOSELO


Cando Angelita fixo a masa de pan, dixo unhas palabras máxicas moi antigas:

San Mamede, que levede.
Santa Mariña, que o faga vir ben axiña.
San Andrés, dunha pilla faga tres.
Señor San Juan que saia bo pan.
Señor San Benito, nos saia ben bonito.
Señor San Clemente nos dea bo dente,
para comelo quente

viernes, 15 de mayo de 2009

LIMOS POESÍAS PARA TODO O COLE

Hoxe no colexio tocoulle ó noso curso ler as poesías das Letras galegas. Christian, Ismael, Rosa Elena e Brais. Leron a poesia no micrófono no despacho da directora. Antes de ir a clase. O poema que leron foi O Maio Galego do poeta ourensán Antón Tovar Bobillo que empeza así:
Cuco, que ben cucas
pola primavera,
enche de fartura
as agras da terra.

jueves, 14 de mayo de 2009

A MACEDONIA



Onte fixemos unha macedonia. Picamos de todo tipo de froitas: mazás, peras, plátanos...

Botámoslle azucre, remexémolo todo xunto, servímola nos platos... e... !lista para comer¡

martes, 12 de mayo de 2009

O PERIÓDICO MURAL





















Aínda non vos contamos que temos na clase un periódico mural, é o noso periódico. Unha vez a semana traemos noticias frescas, lémolas, comentámolas e colocámolas na súa sección. Agora co final da liga, hai moitas de fútbol. Pero tamén escribimos doutros temas.


lunes, 11 de mayo de 2009

Saíron as mariposas!




Hoxe, ó chegar había novidades: ¡saíron as bolboretas dos capullos de seda!


Pero son dúas femias, agardamos que pronto saian os machos.

jueves, 7 de mayo de 2009

O SISTEMA SOLAR


Este é o ano internacional da Astronomia. No noso colexio fixemos unha exposición e a nosa clase participou facendo un gran mural do Sistema Solar. Para facelo aprendimos o nome dos nove planetas que xiran ó redor do Sol e fixemos consultas e averiguacións sobre o tamaño, a cor e o lugar que ocupan.


Gústannos todos pero o que máis... A Terra, que o noso planeta, ¡ É tan lindo! Tamén nos gusta Saturno porque ten un anel e Xúpiter que ten catro lunas: Europa, Ganímedes, Calisto e Io.


Pasámolo ben viaxando polo universo co GOOGLE SKY, somos como astronautas.


lunes, 27 de abril de 2009

MANDALAS

Os mandalas son uns debuxos orientais que representan o cosmos. Da moito gusto facelos xa que nos axudan a relaxarnos e a poñer atención cando os estamos coloreando. Estes que fixemos van a ser unha sorpresa para... Ah! non se pode dicir...