Mostrando entradas con la etiqueta comezo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comezo. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de septiembre de 2010

Benvidos ao cole!

Ola!
Xa estamos de volta para comezar un ano máis este camiño polo que andaremos moi apresa, moi a modo, correndo, saltando, disfrutando, as veces con moito esforzo, as veces máis de vagar.
Qué novas nos agardarán?
Estamos cheos de ilusión e espectativas e estas novas páxinas de libretas sen estrear, serán parte do libro da nosa vida, o libro máis lindo, máis importante no que con moita ilusión iremos trazando as nosas experiencias e as ganas de coñecer máis cousas e ser mellores.
Benvidos ao cole!
Celina

sábado, 17 de enero de 2009

Este é o noso blog

Hoxe, na tarde fría deste sábado de xaneiro, amañei este espazo para que nel poidamos expresar todas aquelas cousas que queiramos compartir entre nós e con todas as persoas que nos queiran visitar.
Depende de todos e todas que se encha de textos e de experiencias.
Agora, que xa sabemos escribir, comezaremos esta aventura que pode durar toda a vosa andaina pola Educación Primaria.
Agardo que esta idea sexa do voso agrado e de todas aquelas persoas que formamos parte da comunidade educativa do colexio A Ponte de Ourense.
A vosa profe de Primeiro Ciclo
Celina