Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 3º Trimestre 2009-20010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 3º Trimestre 2009-20010. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2010

A LINGUAXE DE SIGNOS

Hoxe vivimos unha experiencia moi interesante.
Modesto é o profesor de Chus, un neno xordo do nos cole, e tivemos a sorte de que viñera á nosa clase a iniciarnos no linguaxe de signos.
Contounos que aínda que hai un alfabeto signado, se utilizan moitos movementos, moi doados de aprender, para expresar nomes comúns. Pasámolo moi ben, pois foi coma un xogo de adiviñas: Modesto dábanos unha tarxeta e nós tíñamola que representar mediante un xesto para que o resto da clase adiviñase que queríamos dicir. Despois pasounos fotocopias co abecedario de signos. Levámolas para casa para practicar. Queremos aprender!

martes, 20 de abril de 2010

PONTEATRO 2010




Hoxe, martes 20 de abril asistimos á representación do grupo de teatro TRÉCOLA que representaba a obra titulada: "POLAS PÓLAS". Trata de dúas chicas que queren salvar un bosque no que queren construír un centro comercial. Para conseguilo, unha delas sóbese a vivir a un carballo vello, para que non o talen. O que máis me gostou foi cando os obreiros se puxeron a bailar. Foi moi divertido e pasámolo moi ben.

MODELAR O BARRO











A profe explicounos como modelar o barro e despois nós o fixemos. O obxectivo era fabricar un azulexo.

Primeiro tivémolo que aplastar co puño e, a continuación, colocámoslle uns pauciños polos lados que nos serviron de guías para pasarlle un rodillo. Desta forma a superficie quedounos lisa e igualada.
A continuación houbo que conseguir un cuadrado perfecto. Para iso utilizamos a escuadra e a regla. Así fabricamos un azulexo! Na próxima sesión decorarémolo cunhas pinturas especiais chamadas: engobes.
Cando os teñamos decorados coceránse nun forno especial a moi alta temperatura (2000 graos).
Mentras uns ían rematando o traballo, outros facíamos boliñas para facer un colar.
Para todo este proceso contamos coa axuda da profesora Tere que é alfareira profesional.
Gostounos moito facer esta actividade.