martes, 20 de abril de 2010

MODELAR O BARRO











A profe explicounos como modelar o barro e despois nós o fixemos. O obxectivo era fabricar un azulexo.

Primeiro tivémolo que aplastar co puño e, a continuación, colocámoslle uns pauciños polos lados que nos serviron de guías para pasarlle un rodillo. Desta forma a superficie quedounos lisa e igualada.
A continuación houbo que conseguir un cuadrado perfecto. Para iso utilizamos a escuadra e a regla. Así fabricamos un azulexo! Na próxima sesión decorarémolo cunhas pinturas especiais chamadas: engobes.
Cando os teñamos decorados coceránse nun forno especial a moi alta temperatura (2000 graos).
Mentras uns ían rematando o traballo, outros facíamos boliñas para facer un colar.
Para todo este proceso contamos coa axuda da profesora Tere que é alfareira profesional.
Gostounos moito facer esta actividade.

No hay comentarios: