Logo fomos ver unha pelicula de dous nenos que se atopaban na casa sos, e virón unha pequena fumeira, chamaron ao 080 e viñeron a rescatalos.
Vimos as cociñas e o comedor onde os bombeiros fan a súa comida, a centralita onde os avisan das emerxencias e, por último, fomos ver o camión coa escaleira, que pasada! Media 40 metros. A nós non nos deixaron subir por ser pequenos, pero ás profes si, subiron con Antonio, uf iban altísimas! Nós dende abaixo quedamos abraiados. Ao baixar as profes os bombeiros despedíronse de nós.
Foi un día marabilloso.