Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 2º Trimestre 2008-2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 2º Trimestre 2008-2009. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de mayo de 2009

O PERIÓDICO MURAL





















Aínda non vos contamos que temos na clase un periódico mural, é o noso periódico. Unha vez a semana traemos noticias frescas, lémolas, comentámolas e colocámolas na súa sección. Agora co final da liga, hai moitas de fútbol. Pero tamén escribimos doutros temas.


miércoles, 18 de marzo de 2009

O regalo de papá


O día 19 de marzo é o día do pai. Decoramos un vaso con pegatinas con formas chulas de coloríns.Cando estabamos no patio a nosa profe empaquetounos. Tamén fixemos unha postal en forma de camisa con garavatas de cores, nela escribimos un poema:
Este colgarexo elegante
faite moi importante.
Pero tí xa o eres
porque moito me queres
Hugo e Efrén

Os semilleiros de tomates




Onte día 17 fixemos un semilleiro de tomates.

Primeiro puxemos a terra, logo fixemos un buratiño na terra e, despois, plantamos as sementes que eran moi pequeniñas.

E logo regamolas.

Cando medren levarémolas para casa e comeremos tomates riquísimos.


Rosa Elena e Abraham

viernes, 13 de marzo de 2009

O Concerto de música arxentina





Onte, pola mañan fomos en autobús ao conservatorio de música. O concerto La Bella Argentina, estivo moi interesante. Había tres músicos arxentinos que tocaban a guitarra, o contrabaixo e o bandoneón. Tamén había unnarrador que contaba as historias das cancións. Escoitamos tangos, chacareras, milongas e vals. Regalarónnos un porta cedés. Gustounos moito, pasámolo moi ben. Foi un día estupendo.

Gabriel, Hugo e Ángel

sábado, 28 de febrero de 2009

AS CARAUTAS E OS ANTIFACES

Na semana do entriodo fixemos carautas, antifaces e cigarróns. Aquí estamos na porta da clase todos e todas moi guapos e guapas

OS DÍAS DE ENTROIDO NO COLE


A Meca do entroido dixo:
O luns traerás un mandil que che fará rir.
Para o segundo día, martes, ¡si señor!
Un babeiro que che limpe o peteiro.
Chega o mércores e has de traer un chupete
colgadiño, coma cando eras pequeniño.
E o xoves traerás colares a montón,
que no teu pescozo molan mogollón
Para o venres, coidadiño,
non te esquezas, abofé,
todo os dos outros días
terás que traer:
... e a careta que no cole vas facer!
¿como o ves?


jueves, 29 de enero de 2009

FIXEMOS UN PANFLETO POLA PAZ



Primeiro votamos os slogans, despois conpuxémolos cos tipos da imprentilla.


Estampamos a pomba da paz cunha esponxa e repartimos os papeis. Primeiro calculamos cantos tíñamos que facer cada neno para ter 200 en total, averiguamos que tiñan que ser 10 cada un.



Aqui vemos a Abraham imprimindo os textos.


Este foi o resultado. O día da PAZ, repartirémolo entre os compañeiros e compañeiras de toda a Primaria do noso cole.

A clase tiña este aspecto mentres facíamos este traballo pola a PAZ.

martes, 27 de enero de 2009

A BIBLIOTECA DO COLE


A semán pasada baixamos a biblioteca. A profe ensinounos onde están os libros para a nosa idade. Tamén nos dixo como estaban colocados por filas e por columnas. Nas filas levan un número e na columna unha letra. Temos moitos libros na clase, pero góstanos baixar

Estas son as estanterías onde podemos atopar os libros, moitos aínda non están porque lles están pondo as etiquetas.
Acompañounos Alejandro, o noso profe de prácticas.