Hoxe vivimos unha experiencia moi interesante.
Modesto é o profesor de Chus, un neno xordo do nos cole, e tivemos a sorte de que viñera á nosa clase a iniciarnos no linguaxe de signos.
Contounos que aínda que hai un alfabeto signado, se utilizan moitos movementos, moi doados de aprender, para expresar nomes comúns. Pasámolo moi ben, pois foi coma un xogo de adiviñas: Modesto dábanos unha tarxeta e nós tíñamola que representar mediante un xesto para que o resto da clase adiviñase que queríamos dicir. Despois pasounos fotocopias co abecedario de signos. Levámolas para casa para practicar. Queremos aprender!
Menú decembro 2024
Hace 2 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario