OS BOLECHAS CORTAN O PELO
Os bolechas van a cortar o cabelo. Están no salón agardando a súa vez.
Algunhas señoras levan moños altísimos e outras rizan o cabelo con rolos.
Loli quere o pelo máis curto e Carlos a cabeza rasurada. Tatá non quere cortar nada. Braulio quere unha crista "punki", Pili un corte "á taza" e Sonia un peiteado "afro".
Primeiramente hai que lavar a cabeza con auga e champú. A auga está morna, máis Tatá non quere chorros na cara.
As peiteadoras collen as tesouras de cortar o pelo.
Tatá ten medos e chora. Pensa que lle van a cortar as orellas.
A Sonia póñenlle boliñas de cores nas trenzas. É o peiteado "afro". A Pili vanlle facer o corte "á taza": moito pelo por riba e pouco por baixo.
Carlos quedou pelado. A súa cabeza semella unha laranxa.
Braulio bambea moito coa risa. Chissss! Así non lle poden cortar o cabelo. Agora hai que secar a cabeza. Que gusto! O aire ven quente. Tatá tapa es orellas para non ouvir os secadores.
Que lle fixeron a Loli? Este é un peiteado de señora. A Loli non lle gusta nada. A Tatá cortáronlle os dous pelos que tiña e botáronlle colonia de bebés.
Carlos e Tatá van pelados. Brulio leva crista de "punki". Sonia vai ao "afro" e Pili á "taza". A Loli mudáronlle o peiteado de señora. Agora van a levar a Chispa a un salón de cans.

No hay comentarios:
Publicar un comentario